Especiais
Reseteo Hostelero Premium
A desconexión total que o teu corpo pide a berros.
Se buscas ir un paso máis alá do alivio muscular e agasallarlle ao teu corpo un paréntese de calma absoluta, Reseteo Hostelero Premium é o noso ritual máis completo para quen necesita parar.
Deseñamos esta experiencia para transformar unha xornada intensa nun momento de benestar, combinando coidado corporal e desconexión mental.
O ritual comeza cun baño de pés en sales aromáticas e auga quente: un primeiro momento para deixar atrás o cansazo acumulado tras horas de pé e preparar o corpo para relaxarse.
A continuación, centrámonos en traballar a tensión das costas e a musculatura cargada.
A experiencia culmina cunha masaxe craneofacial pensada para relaxar mandíbula, couro cabeludo e rostro e permitirche pechar os ollos e desconectar de todo.
Beneficios
Inmersión relaxante
Baño de pés con sales aromáticas para comezar a experiencia e deixar atrás o ritmo do día.
Liberdade muscular
Masaxe profunda enfocada especialmente nas zonas que acumulan maior carga física.
Paz profunda
Masaxe craneofacial para proporcionar descanso a rostro, mandíbula e couro cabeludo.
É o momento de devolverlle ao teu corpo parte de todo o esforzo que fas cada día. Gañáchelo.
Duracións e prezos
- 90 min · 75 €*
Tarifa especial para residentes en Santiago de Compostela ou persoas que traballen no sector da hostalaría. Pode solicitarse acreditación.


